Presentaciones

Yolanda Ogando Gordedo


Marta Maceira Ansedes

A nosa profe Yoli é Graduada en Educación Primaria con Mención en Atención á Diversidade polo que tolea polos máis cativos.
Fixo diversos cursos de formación en Materia Educativa na Universidade Rei Xoán Carlos I de Madrid.
Tamén é Monitora polivalente (Infinitamente Fitness) avalada pola Federación Galega de Ximnasia.
Asistiu ao Seminario de Formación Yes We Dance 2018
en Sevilla de 10 días, con máis de 20 coreógrafos
nacionais e internacionais de tódolos
estilos.
E durante 16 anos como bailarina e 7 anos como
profe de danza tivo moito tempo para formarse en estilos como o Contemporáneo, Danza Moderna, Jazz e HipHop, e tamén coñece o estilo Burlesque.
A nosa profe Marta é Técnico en Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, encántalle facer fotos e montar proxectos audiovisuais.
É monitora de Danza Moderna certificada pola NSCA (National Strength and Conditioning Association), ademáis de Instructora de Pilates certificada polo Método Pilates (FORBES).
Asistiu ao Seminario de Formación Yes We Dance 2018 e tamén ao do 2019 en Sevilla de 10 días, con máis de 20 coreógrafos nacionais e internacionais de tódolos estilos.
Despois de 17 anos como bailarina, formouse en diferentes estilos de danza e xunto con Yoli leva 7 anos de intenso traballo.
Coñece a fondo a Danza Contact grazas ao Seminario realizado na Universidade de A Coruña así como a Danza Clásica e a Danza Contemporánea no Centro Coreográfico Galego.
E sen lugar a dúbidas ten coñecemento da gran maioría de estilos do Hip Hop.
Ámbalas dúas participaron en diversos Concursos de Danza tanto a nivel Nacional como Internacional acadando numerosos premios como bailarinas e coreógrafas.
Traballaron como artistas en distintos programas da canle autonómica.
