
La Compañía
Máisquedanza é unha asociación de danza na cal se traballan unha serie de valores como a disciplina, o esforzo, a educación, a creatividade, a diversión, o respecto, a superación e o traballo en equipo.
Dende o 2011, esta gran familia de bailaríns/as e apaixoados/as da danza tivo a oportunidade de participar e colaborar en diversos concursos e festivais tanto de nivel nacional como internacional:
-
Concurso Nacional de Danza (ANAPRODE)
-
Concurso Internacional DANCE MIÑO
-
Concurso Stars Dance
-
Concurso Vigo Porté
-
Festival Pontendanza
-
Festival Internacional Dancerveira
-
Premio Maruja Gutiérrez a Asociación Emprendedora
-
Premio #AnimaciónCoruña42
-
Participación en festivais nacionais e internacionais
-
Actuacións de carácter solidario
-
Colaboración con diversas bandas, corais e agrupacións musicais
-
Participación en TV
-
Realización de coreografías para Vodas (coreografías grupais e baile de mozos)
Ensínanse diversos estilos de danza como a danza moderna, contemporánea, urbana e fusión. Cada ano prepáranse as coreografías para as mostras e festivais que a Asociación realiza en cada lugar onde se imparten as clases.
Actualmente impártense clases en Lalín, Prado, Silleda, Bandeira, Rodeiro, Arzúa e diferentes ANPAS da zona do Deza.
Conta con arredor de 250 danzaríns/as os cales traballarán duro durante esta nova tempada para acadar novos éxitos e así recoller numerosas experiencias.
